Un susto que puido acabar en traxedia

escapegasnoia.jpgNOIA> Os veciños da rúa Cuba levaron un bo susto polo escape de gas provocado por unha escavadora que traballaba na zona.

{flowplayer}barbanza/escapegasnoia.flv{/flowplayer}

Preto da unha do mediodía, un forte cheiro a gas comezou a alertar ós veciños que se atopaban nas súas vivendas da rúa Cuba, en San Lázaro. 

Rapidamente desprazáronse ata a zona efectivos da policía local e do GRUMIR de Noia así como do parque de bombeiros de Boiro. Estes procederon a reduci-la nube de gas con auga pulverizada mentres que os operarios pecharon a chave do gas para frear a fuga que procedía dunha vivenda en construción. A rápida resposta dos traballadores evitou que o susto rematase en traxedia.

A pesar da alarma inicial ningún veciño tivo que ser desaloxado nin se rexistraron danos persoais.

Redacción Barbanza