Un libro recolle os últimos anos de Valle como director da ABA en Roma

libro_valle_inclan copia.jpgVILANOVA> A obra consta de dous volumes nos que se compilan documentos sobre a actividade do escritor á fronte da Academia de Belas Artes.

{flowplayer}images/salnes/LIBRO_VALLE_INCLAN.flv{/flowplayer}

‘Todo Valle Inclán en Roma’ consta de dous volumes nos que se recollen preto de 300 documentos. Con eles, sete investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela, trataron reconstruír os últimos anos de vida do escritor vilanovés como director da Academia de Belas Artes de España en Roma.

No primeiro dos volumes transcríbense textos orixinais, novas recollidas na prensa da época e documentación varia coa que se descubriron datos ata agora descoñecidos.

O 8 de marzo de 1933, Valle Inclán era nomeado director da Academia de Belas Artes. Un cargo que segundo as investigadoras, o autor tomou con ilusión. Pero o formalismo do traballo acabou por cansalo, e isto, sumado ó deterioro da súa saúde, levárono a deixar Roma en 1935 e volver a España, aínda que seguiría sendo director da Academia ata a súa morte, en xaneiro do 1936.

O segundo volume da obra contén documentos administrativos e fotografías da súa estancia en Roma. As autoras recibiron xa no 2008 o premio de Investigación Valle Inclán polo estudo desta inxente documentación. O froito dese traballo sae agora á luz neste libro.

Redacción Salnés