Unhas obras de Fenosa danan a instalación eléctrica de varias casas

    lavadora_queimada copia100.jpgBARRO> Unha subida de tensión incendiou unha lavadora. As lapas queimaron parte da cociña, pero o propietario puido sufocalas a tempo.

    {flowplayer}images/salnes/INSTALACIONS_ELECTRICAS_BARRO.flv{/flowplayer}

    Dende o pasado día 22, cortes no subministro eléctrico, danos en electrodomésticos e problemas no alumeado, sucédense nas casas e establecementos dos veciños de Curro. Os traballos que operarios da empresa subministradora da enerxía, Fenosa, realizan un transformador situado preto das obras do nó de Curro, son sinalados polos habitantes da parroquia como os culpables.

    En Canal Rías Baixas visitamos a casa de José Sanmartín, unha das máis afectadas polas subidas de tensión na electricidade. Onte o propietario marchou do inmoble despois de poñer a lavadora. Dúas horas despois, un veciños avisaba de que a súa cociña estaba ardendo.

    Veciños, comerciantes e hostaleiros da zona levan días sufrindo estes problemas, que moitas veces non asocian ás obras. Alarmas, teléfonos, televisores, aparatos da TDT, ordenadores e sistemas de calefacción, son algúns dos aparellos que tamén saíron danados.

    Dende a Asociación de veciños e a Comunidade de Montes, recoméndase que se revisen todos os electrodomésticos para evitar problemas futuros. Ambas organizacións reuníronse onte cos habitantes da zona, para estudar a presentación dunha reclamanción conxunta ante Unión Fenosa que, segundo os veciños, estase a facer cargo rápidamente das demandas presentadas ata o momento.

    Redacción Salnés