Festa para evitar a sinistralidade nas noites de movida

xuventude_100.jpgCAMBADOS>  Pasado mañá haberá festa en Cambados; unha festa que, máis que pregarlle a algún santo milagreiro, pediralle á xente moza que non beba se é que…

{flowplayer}images/salnes/xuventude_panorama.flv{/flowplayer}

 … vai a conducir. Con esta medida, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, en colaboración ca Dirección Xeral de Tráfico, o Concello e a Policía Local de Cambados e espectáculos Lito organizan pasado mañá domingo, ás oito da noite un concerto, de balde, de tres das grandes orquestras galegas; a Panorama, a Philadelphia e a Costa Oeste.

A campaña da Xunta Libre une forzas ca iniciativa cambadesa Vel a, precisamente para facer fincapé nesa necesidade de evitar a inxesta de alcol cando se leva o coche, para evitar a pingueira de mortos e feridos que deixan as estradas nas noites de movida. Esto mesmo é o que lles contarán mañá ós asistentes nas carpas informativas que se van a dispor na Praza de Fefiñans.

O espectáculo complementarase ca estrea do videoclip Flores en la Carretera do grupo liderado por Javi Maneiro Jabón Blue, que será proxectado na mesma Praza de Fefiñáns en torno ás 10.30 da noite.

E dentro das actividades dispostas en torno á mellora da seguridade viaria pola Xunta, a Dirección Xeral de Xuventude propón uns ciclos de conducción segura para mozos que se van a prolongar no Centro de Forcarei ata o 4 de decembro.

Redacción Salnés