Ósos de santo e chulas para adozar a ponte de Defuntos

    docestipicos.jpgBARBANZA> As comarcas de Arousa manteñen viva a tradición gastronómica de Tódolos Santos cos doces típicos destas datas.

    {flowplayer}barbanza/docestipicosdefuntos.flv{/flowplayer}

    Malia que os postres industriais pisan forte, nada teñen que facer fronte ós doces artesanais elaborados, tras horas e horas de traballo, segundo a receita das avoas. Ben o saben na pastelería Fina de Ribeira onde estas datas traballan a reo para cubrir a demanda dos tradicionais ósos de santo. Unha especialidade que precisa de tempo e dedicación debido ó seu complicado proceso de elaboración pero cun resultado capaz de satisfacer ós máis esixentes padais.

    Tamén as chulas, recheas dos sabores máis variados, compoñen a táboa de postres que non poden faltar nestes días.

    Gran demanda

    A gran afluencia de clientes que veñen en busca destes doces, mesmo por encargo, constata a pervivencia da tradición.

    Os que non anden sobrados de tempo e de paciencia para meterse na cociña poden atopar nesta pastelería de Ribeira ósos de santo con auténtico sabor caseiro e garantía de elaboración artesanal, tal e como manda a tradición.

    Redacción Barbanza