Preocupación pola tardanza no pagamento das facturas

    ppdebedamunicipal.jpgBOIRO> As queixas dos propios empresarios levou ós membros do PP a solicitar un informe de intervención e secretaría sobre o estado actual das contas do concello.

    {flowplayer}barbanza/ppdebedamunicipal.flv{/flowplayer}

    A fonda preocupación de moitos empresarios da localidade, acuciados polas débedas que o concello mantén con eles, foi a principal razón que levou ós populares a solicitar un informe técnico ó secretario e á interventora municipais sobre o estado das contas. A situación é xa tan desesperante para moitos destes comerciantes e empresarios que mesmo se viron obrigados a pedir préstamos para poder asumir o pago das nóminas ó seus empregados, existindo catro casos ós que se lle adebedan uns dous millóns de euros.

    Requerimento Gas Natural

    Os membros do PP boirés aproveitaron a ocasión para dar a coñecer tamén un requerimento de Gas Natural, con data do pasado 15 de outubro, na que esta empresa lle reclama o abono de máis de 562 mil euros por trece meses de facturación.

    Falla planificación

    Toda esta situación vén a evidenciar, segundo os populares, a nula planificación por parte do executivo, tendo especial relevancia no feito de que a día de hoxe, continúen sen aprobarse os orzamentos deste ano e figuren máis de 440 facturas do ano 2009 e anteriores sen consignación presupostaria, por importe de máis dun millón de euros.

    Redacción Barbanza