Homenaxe a 60 anos de historia do Hospital Domínguez

    placa_dominguez copia100.jpgPONTEVEDRA> O premio chegou da federación de asociacións de veciños “Boa Vila” que quixeron expresar así a súa gratitude.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIO_HOSPITAL_DOMINGUEZ.flv{/flowplayer}

    Un recoñecemento a 60 anos de historia e compromiso coa ciencia, a saúde e a cidade de Pontevedra. Este foi o obxectivo da federación de asociacións de veciños “Boa Vila”, que nun acto celebrado o sábado fixo entrega dunha placa conmemorativa á familia de Miguel Domínguez, fundador do Hospital Domínguez.

    No acto estiveron presentes numerosas caras coñecidas, que se sumaron ó recoñecemento da institución e do seu fundador. O Hospital Domínguez naceu hai sesenta anos como un sanatorio. Agora é un hospital que conta con 300 empregados, dos cales 50 son médicos.

    Por outra banda, o presidente da Xunta aproveitou a ocasión para anunciar que o proxecto arquitectónico do novo hospital pontevedrés se presentará antes de que remate o ano.

    Ademais da federación Boa Vila, houbo moitas outras organizacións que participaron na homenaxe, ofrecendo ós herdeiros e á viúva de Miguel Domínguez numerosos recoñecementos.

    Redacción Salnés