O Portonovo sigue gafado na casa e volve a ser último

SANXENXO> A cara da xornada na Terceira foi o Vilalonga, que venceu en Ourense, e a cruz, o Portonovo. Os de Jacobo Molina siguen sen saber o que é gañar na casa e voltan a ocupar a derradeira posición da xeral.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_011110.flv{/flowplayer} 

O Portonovo volve ó derradeiro posto da xeral logo de perder co Somozas pola mínima (0-1). Partido pouco vistoso o que se presenciou en Baltar debido en parte ó mal estado do terreo de xogo.

Nos primeiros minutos foron os de Jacobo Molina os que tomaron a iniciativa, aínda que non dispuxeron de ocasións claras de gol. Se cadra, a mellor foi un lanzamento de Nel dende fora do area.

Pouco a pouco o Somozas íase sacudindo o dominio local e froito diso chegaba a primeira oportunidade visitante, cun testarazo de David Franch que foise fora por pouco.

Mediado o primeiro tempo o Portonovo vía como o seu gardamallas Javi Díaz tíñase que retirar lesionado. No seu lugar entraba Andro.

Antes do descanso, chegaba o único tanto do partido. De novo o Somozas atacando pola banda esquerda e outra vez David Franch, libre de marca, mandaba o coiro ó fondo das mallas.

Trala pausa o Portonovo intentouno pero sen acerto, apenas inquietou á meta rival. De feito as mellores ocasiónb seguiron a ser visitantes, que ben puideron sentenciar o encontro cun segundo tanto. As xogadas a balón parado foron a única arma dos de Jacobo Molina, pero non atoparon o gol.

Así chegou a quinta derrota do Portonovo coma local en seis partidos. Quédanse a cinco puntos da salvación e a xeira positiva de resultados que arrastraban ata o de agora vese curtada. A semana que ven visitarán ó Estradense.

Moito mellor fóronlle as cousas ó seu veciño Vilalonga. Os de Gabi Leis deron a sopresa da xornada impoñéndose no difícil campo do Couto ó Ourense por 1-2. Os celestes foron que de sobrepoñerse ó tempraneiro tanto local, acadado por Yebra, e con goles de Saúl e Machu déronllela volta ó electrónico.

Con estes tres puntos o Vilalonga confirma a súa reacción, sobre todo vendo o xogo que desplega o equipo, que onte volveu a levarse a victoria con todo merecemento, especialmente polo feito no segundo tempo.

Estes tres puntos aínda non lles sacan do descenso, pero colócanlles a un punto da salvación antes de recibir a semana que ven en San Pedro en Narón, no que será o primeiro dunha serie de partidos ante rivais da zona media e baixa da táboa.

Redacción Salnés