As mariscadoras néganse a realizar as gardas nocturnas nas praias

    agamarvixilanciamariscadoras.jpgBOIRO> Segundo Agamar a decisión foi tomada pola directiva do pósito a pesar da oposición maioritaria das socias deste colectivo.

    {flowplayer}barbanza/agamarvixilanciamariscadoras.flv{/flowplayer}

    Neste sentido a secretaria de Agamar, Natalia Laíño, considera que esta decisión vai tamén en contra da postura maioritaria adoptada polas mariscadoras en asemblea. Por esta razón anunciou que dende Agamar se van iniciar tódalas accións legais de presión que imposibiliten que as traballadoras desempeñen as gardas nocturnas, que supoñen un grave risco e un atentado contra a súa integridade física, xa que se atopan absolutamente desprotexidas.

    Sen risco

    Pola súa banda o patrón maior da entidade, Carmelo Vidal, restou importancia a este feito sinalando que as mariscadoras non corren perigo algún, xa que as vixilancias son realizadas en grupos de seis persoas. Ademais as gardas non se producen tódolos días, xa que hai xornadas nas que ó non coincidir mareas xa non van, polo que a cada productor pode tocarlle unha vez cada dous meses. Segundo el o perigo que corren é practicamente nulo, xa que a súa misión é vixilar dentro dun vehículo e avisar ó persoal da confraría se ven algún incidente.

    Aumento furtivismo

    O dirixente do pósito crucense sinalou ademais que non lle queda outro remedio que realizar as gardas, senón queren que os furtivos campen as súas anchas polas súas concesións, levándose todo o marisco.

    Redacción Barbanza