O TSXG decreta o derrube dun inmoble con máis de trinta vivendas

derrubenoia.jpgNOIA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a ilegalidade da licenza do edificio ‘Fin de Siglo’ situado na Avenida da Coruña .

{flowplayer}barbanza/derrubeedificionoia.flv{/flowplayer}

A tensión veciñal é palpable nas inmediacións do edificio. A maioría dos veciños declinaron facer declaracións ante as cámaras pero explicaron a situación que están a vivir. Dubidan de que o derrube se faga efectivo pero quéixanse ante a imposibilidade de facer reformas para o mantemento do inmoble debido ós problemas coa licenza.

Os equipos xurídicos do concello están a estudar o expediente xudicial co fin de buscar solucións que eviten que estas 33 familias queden sen o seu fogar. Algúns dos propietarios temen ter que marchar da súa vivenda na que levan preto dunha década.

Longo proceso

O proceso xudicial iniciouse hai máis dunha década, en 1999, cando o veciño da vivenda anexa presentou unha denuncia ante as presuntas irregularidades na construción do edifico que mesmo chegaba a invadir parte da súa propiedade.

Aínda que inicialmente a xustiza non lle dou a razón agora o Tribunal Superior vén de ratificar a ilegalidade da licenza por defectos de forma. Unha sentenza contra a que non cabe recurso polo que os veciños se atopan nunha incerta situación.

Redacción Barbanza