Debate sobre as contas pendentes coa planta de Servia

plenolousame100.jpgLOUSAME> O pleno aprobou por unanimidade a moción de apoio á viabilidade da planta de recollida de residuos de Servia.

{flowplayer}barbanza/plenolousame.flv{/flowplayer}

Ás doce do mediodía daba comezo a sesión extraordinaria con gran afluencia de público pero escasa presenza dos edís da corporación. O edil nacionalista non puido acudir por motivos laborais mentres que a voceira socialista quedouse soa en representación do seu grupo. A idoneidade da hora para convocar a sesión foi tamén motivo de discusión entre os grupos aínda que o verdadeiro debate chegou coa moción sobre o apoio á viabilidade da planta de tratamento de residuos de Servia.

Se ben a aprobación da proposta do comité de empresa adoptouse por unanimidade, as contas pendentes coa planta centraron o debate. O alcalde aclarou que o concello está ó día nos pagos á empresa adxudicataria posto que esta adebeda á entidade municipal diversas contías en concepto do pago de impostos.

Tamén se aludiu á necesidade de trasladar o almacén de explosivos situado nas inmediacións da planta que pon en dúbida a legalidade do emprazamento.

Tranquilidade

Finalmente, o equipo de goberno quixo transmitir unha mensaxe tranquilizadora ós traballadores posto que están convencidos da efectividade dos acordos e da continuidade da actividade na planta.

Asistencia sanitaria

O outro punto da sesión aludía á modificación da estrutura organizativa do Sergas pola que Lousame pasa a depender do hospital do Barbanza. O alcalde explicou que se trata dunha mellora asistencial posto que os veciños poderán decidir libremente entre o hospital comarcal ou o Clínico de Santiago que segue a ser o centro de referencia.

Pola contra, a voceira socialista considérao un retroceso posto que o centro comarcal conta con menos medios polo que optou pola abstención.

Redacción Barbanza