Desculpas ‘vergoñentas’ e ‘inadmisibles’

    DENUCIA_EU copia.jpgVILAGARCÍA> EU critica os argumentos esgrimidos polo goberno local para xustificar a marcha atrá no proxecto do parking soterrado en Fexdega.

    {flowplayer}images/salnes/EU_FEXDEGA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Solucionar os problemas de inundacións no barrio de Matosinhos, no entorno da Lomba ou abordar a canalización do río Santa Mariña. Son algunhas das obras prioritarias para Esquerda Unida e nas que o goberno local podería investir eses dous millóns e medio de euros que se ían destinar para construír o aparcamento soterrado de Fexdega. Para esta formación, non son admisibles as declaracións realizadas onte en rolda de prensa por varios membros do executivo, nas que se alertaba sobre o risco de perder estes cartos por non poder investilos noutras actuacións.

    En Esquerda Unida aproveitaron esta denuncia para insistir unha vez máis en que temas coma o aparcamento de Fexdega deberían levarse ó consello xeral de urbanismo, espazo no que non se debateu. A formación reitera a súa oposición ó funcionamento deste organismo, que segundo eles, actúa coma un simple despacho para procesar licencias de obras que deberían ser canalizadas pola concellería de urbanismo para garantir a axilidade destes trámites.

    Redacción Salnés