A Festa do Porquiño acada os 1000 comensais na súa terceira edición

    FESTA_PORQUINOcopy.jpgVILAXOÁN> Os asistentes puideron degustar un menú composto por porco, mexillóns, polbo, sobremesas e café por 10 euros.

    {flowplayer}images/salnes/festa_do_porquino.flv{/flowplayer}

    O Club de Remo de Vilaxoán organizou este domingo a Festa do Porquiño á brasa. Logo de tres anos, esta é xa unha cita consolidada para xente da comarca e tamén de fóra.

    O pasado ano foron cincocentos comensais quen degustaron porquiño. Este ano, dobraron a cantidade de asistentes porque seguramente, San Martiño votou unha man enviando bo tempo. Na anterior edición o temporal ata levou a carpa.

    Os asistentes puideron degustar un menú composto non só polo porco, senón acompañado de mexillóns, polbo, sobremesa e café. Todo iso, amais, polo prezo moi alcanzable de dez euros. A carpa- comedor, instalada fronte a praia do Preguntoiro, acolleu colas de xente agardando para recoller o seu menú e degustalo alí mesmo, ou levalo para casa.

    Tamén realizaron sorteos de xamón e outras viandas, entre os asistentes. O obxectivo da festa é acadar fondos para o Club de Remo, que conta actualmente con catrocentos socios e noventa federados repartidos por tódalas categorías, dende infantil ata promesas ou senior.

    O equipo vilaxoanés encargado da organización da festa está moi contento cos resultados obtidos e augura un futuro longo para esta cita gastronómica.

    Redacción Salnés