Lage critica o deterioro da sanidade pública no Barbanza

    lagesanidadebarbanza.jpgBARBANZA> O deputado socialista denunciou que a dirección médica do Hospital do Barbanza está a pechar as axendas evitando dar citas para as consultas de especialidades.

    {flowplayer}barbanza/lagesanidadebarbanza.flv{/flowplayer}

    Lage denunciou que dende a chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia se está a observar un claro deterioro dos servizos sanitarios na comarca, ó disminuir o persoal de servizos xerais, minorar os profesionais de mediciña de especialidade e reducir as inversións en equipamentos sanitarios. Un feito que segundo el está a provocar que existan persoas que levan agardando máis dun ano para intervencións cirúrxicas.

    Iniciativa parlamentaria

    Precisamente esta mañá rexistraba unha iniciativa no Parlamento solicitándolle á consellería de Sanidade a que resolva o déficit de persoal existente no Hospital do Barbanza e se mellore a calidade asistencial deste centro antes de que finalice o ano 2010.

    Redacción Barbanza