Un condutor detido tras circular a 140 km/h con signos de alcoholemia

    ACCIDENTE_VILAXOANcopy.jpgVILAXOÁN> Foi detido tras perder o control do vehículo, levar por diante unha sinal de tráfico, 13 metros de varanda e precipitarse á praia. 

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_VILAXOAN.flv{/flowplayer}

    Todo aconteceu pouco antes das oito da mañá do domingo. Unha patrulla da Policía Local detectou no casco urbano de Vilagarcía un vehículo, marca Audi A-3 de cor amarelo, que circulaba a gran velocidade, chegando nalgúns tramos a acadar os cento corenta quilómetros por hora.

    O condutor, lonxe de deterse, optou por darse á fuga. Tras percorrer varias rúas do centro de Vilagarcía, ó chegar á rúa Preguntoiro, xa en Vilaxóan, perdeu o control do vehículo. Tras impactar contra un paso de peóns elevado, levou por diante unha sinal de tráfico e 13 de varanda. O vehículo rematou no areal.

    Nese momento, a patrulla da Policía Local puido detelo condutor con claros signos de alcoholemia. Segundo informaron, o vehículo quedou en bastante mal estado pero non houbo que lamentar danos persoais.

    O portavoz da Policía Local recoñeceu, ademais, que non é habitual que se produzan este tipo de incidentes.

    Ata o lugar do accidente tamén acudiu unha dotación de Bombeiros de Vilagarcía para limpar a zona e evitar imprevistos na circulación. Agora, o condutor está á espera da celebración do xuízo.

    Redacción Salnés