Escasas incidencias ó paso de Becky polas Rías Baixas

    segundodiatemporal.jpgBARBANZA> As comarcas arousás capearon o primeiro temporal do outono con escasas incidencias.

    {flowplayer}barbanza/segundodiatemporal.flv{/flowplayer}

    Os servizos de Protección Civil e os parques de bombeiros apenas rexistraron incidencias durante a pasada noite na que se agardaba o momento álxido do temporal Becky.

    As intervencións limitáronse ó levantado das tapas dos sumidoiros para evitar inundacións nalgunhas zonas como Barraña e á retirada de contedores, sinais de tráfico ou ramas caídas nas estradas.

    Na Pobra, foi preciso desatrancar un lavadoiro na zona de Pontenabeira que estaba a piques de desbordar pola crecida do río que non afectou a ningunha vivenda. A forte chuvia tamén foi a responsable dun accidente acontecido a primeira hora da mañá na autovía do Barbanza, á altura do viaduto de Cespón. A condutora que se saíu da vía e bateu contra o quitamedos non sufreu dano algún.

    Redacción Barbanza