A directiva do Arousa asegura que os obxectivos económicos están cumpridos

fotosituacionarousacopia.jpgA LOMBA> Con máis de 1300 socios aseguran que as cousas están moito mellor que hai catro meses e queren mandalle ós socios unha mensaxe de tranquilidade.

{flowplayer}images/salnes/SituacionArousa.flv{/flowplayer}

Cando esta nova directiva chegou ó Arousa e puxo as contas ó día atopouse cunha deuda que ascendía ós 196 mil euros, e que ademáis presentaba o problema añadido de que unha boa parte requería un pago a curto prazo. Así as cousas era fundamental acadar cantos máis socios mellor para conseguir liquidez económica e os arousáns responderon.

As xestións que se fixeron foron en 3 frontes, por un lado pagar a que se puidera cos cartos cos que contaban. Por outra banda condonar o que fora posible. E por último aprazar o resto. Neste último apartado destaca a deuda que o clube ten coa empresa de equipación deportiva Rasán, que malia ter xa unha sentencia xudicial firme lles aplazou o pago por un periodo dun ano. Vendo os esforzos que están a facer para sacar adiante este clube. Despois de todas estas actuacións, coas contas claras e os pagos distribuidos entre esta temporada e as vindeiras, dende a directiva mandan unha mensaxe positiva. 

Agora solo agardan que esa positividade os acompañe tamén no terreo de xogo para abandoar os postos finais da táboa.

Redacción Salnés