Os 3 puntos do derbi quedan en Cambados que pensa xa na recuperación

FotoFutbolCopia15.jpgCAMBADOS> Gañoulle ó Arousa encaixándolles 2 goles. O Portonovo sen embargo, non puido facer nada contra o Rácing de Ferrol, líder da categoría.

{flowplayer}images/salnes/ResumoFutbol.flv{/flowplayer}

O Cambados saiu ó campo a gañar, pois era moi consciente de que a vitoria lle facía moita falta, e non quixo desaproveitar a oportunidade que acadala na casa e fronte o Arousa.

Dominaron dende o principio e os 10 minutos de empezar chegou o primeiro gol, foida man de Aaron a pase de Cascallar. O Arousa foi incapaz de crear perigo e o que máis presenza tivo no encontro foi Solla con algunha que outra actuación que impediu que a diferencia fora maior.

Os de Lino González volveron a ter algún erro importante que lles pasou fatura, como por exemplo o do 2 gol, que Vila aproveitou para mandar o esférico á rede por segunda vez.

Tres puntos que quedan en Cambados que aínda que permanece en postos de descenso se achega ó grupo dos 3 que están equipos entre os que se encontra o Arousa.

Partido máis que accidentado en Baltar. Ós 6 minutos de comezar o encontro o centrocampista Álex Gómez quedou inconsciente tras este encontronazo con Borja Facal.

Con este comezo os xogadores voltaron ó campo tocados e se a iso lle sumamos que o Ferrol xa de por sí estaba dominando, o gol non tardaría en chegar. E así foi, Antonio aproveitou un centro de Pablo Rey e fixo primeiro.

A segunda parte comezou con outra grave lesión para os locais, esta vez foi Andro o que levou a peor parte, foi neste choque con Marcos Suárez. O gardameta tamén tivo que ser trasladado ó hospital cun aparatoso golpe na cara.

Xa cara o final do encontro, o Ferrol sentenciou nesta acción de Felipe, condeando o Portonovo a continuar nos postos de desenso.

Redacción Salnés