O número de roubos nas obras en construción aumentou nun 7,6%

    REUNION_SUBDELEGACIONcopy.jpgPONTEVEDRA> O Subdelegado do Goberno comprometeuse a tomar medidas para reducir, na medida do posible, estas cifras.

    {flowplayer}images/salnes/DELFIN_EMPPRESARIOS_CONSTRUCION.flv{/flowplayer}

    Cables de cobre, gasóleo ou ferramentas son os materiais que desaparecen con máis frecuencia nas obras en construción na provincia de Pontevedra. Debido á proliferación destes roubos, o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción reuniuse esta mañá co Subdelegado do Goberno en Pontevedra para informalo desta situación e pedirlle que tome medidas.

    Ademais desta encontro, Delfín Fernández reuniuse con representantes da Policía Nacional e da Garda Civil en Pontevedra. O Subdelegado recoñeceu que os roubos se incrementaron este ano nun 7,6% con respecto ó ano pasado pero que se debe ó aumento das obras do Plan E, as do AVE é a falta de seguridade nas casetas das obras.

    Ante a demanda de APEC, decidiron tomar unha serie de medidas como a celebración de charlas informativas nas empresas ou a creación dun decálogo sobre autoprotección.

    A través destas actuacións agardan reducir na medida do posible o número de roubos nas obras en construción.

    Redacción Salnés