O goberno central podería suprimir o FEIL para o 2011

    feil copia100.jpgPONTEVEDRA> Este ano, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local xerou máis de 4000 postos na construción.

    {flowplayer}images/salnes/COMISION_PROVINCIAL_EMPREGO.flv{/flowplayer}

    Os representantes sindicais xa alertaron do golpe que a supresión deste fondo estatal, que permite ós concellos desenvolver obras e xerar emprego, suporía para empresas e traballadores da construción. Segundo os sindicatos, este sector é un dos máis afectados pola crise económica, polo que precisa deste tipo de axudas públicas.

    No 2009 o goberno destinou un total de 167 millóns para este fin. Unha cantidade que serviu para financiar case 700 proxectos en 62 concellos da provincia e crear preto de 7000 postos de traballo. Este ano a inversión baixou ata os 103 millóns, un descenso que tamén afectou ós outros datos.

    O número de proxectos financiados tamén se reduciu, situandose nos 527. A pesares destes descensos, Delfín Fernández resaltou os puntos positivos do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.

    O subdelegado do goberno en Pontevedra comprometeuse ante os sindicatos a trasladar a súa preocupación pola posible supresión do Fondo ó secretario de Estado de cooperación territorial, que visitará mañá varias obras da cidade.

    Redacción Salnés