Freo ó macropolígono por atoparse en zona forestal protexida

    poligonobarbanzason.jpgBARBANZA> O director xeral do IGVS confirmoullo ós deputados socialistas e nacionalistas na Comisión de Industria do Parlamento.

    {flowplayer}barbanza/poligonobarbanzason.flv{/flowplayer}

    Tanto socialistas coma nacionalistas amosaron esta mañá na Comisión Parlamentaria de Industria a súa fonda preocupación por este tema, xa que se trata dunha actuación de vital importancia para o Barbanza. Neste sentido aludiron á falla de toma de decisións por parte do Goberno da Xunta que permitiría darlle un pulo á tramitación deste proxecto, paralizado segundo eles dende hai dous anos, concretamete dende a cegada de Feijoo á presidencia do Executivo Galego.

    Parque Empresarial Porto do Son

    Na mesma comisión o director xeral do IGVS, Antonio Boné, tamén contestou a unha pregunta formulada polo deputado socialista Xosé Manuel Lage sobre a situación na que se atopa o proxecto de construción do polígono industrial en Porto do Son. Boné confirmoulle que o comezo das obras de execución deste parque empresarial abordaríase entre os anos 2012 e 2015, e que contaríacunha superficie de menos de 30 mil metros cadrados.

    Nova decepción

    Nada máis ter coñecemento da nova, o propio presidente da patronal sonense, Luís Oujo, amosaba a súa decepción por esta decisión.

    Redacción Barbanza