O Vilalonga sae do descenso e o Sanxenxo lévase o derbi

fotofutbol22copiabien.jpg SANXENXO> Esta semana destacan os goles. O Vilalonga quedou 3 – 1 co Rápido de Bouzas, nunha remontada épica. Sen esquecer o derbi da xornada, 4 a 1 no Revel ante o Cambados.

{flowplayer}images/salnes/FutbolSalnes.flv{/flowplayer}

O Vilalonga demostrou que o de rendirse non vai con eles e iso que chegou o partido con moitas baixas, non estaban Avendaño, Tachi, Diego Blanco nin Miguel Abal e outros estaban tocados como Melchor, Saúl, Jesús y Nelo. Ahí é nada. Aínda así os celestes conseguiron acadar a cuarta vitoria da tempada, vitoria que lles permite abandoar os postos de descenso. Aínda que o primeiro en acadar o gol foi o Bouzas pouco a pouco viuse superado polo Vilalonga. O empate chegou da man de Machu e cinco minutos despois Abraham adiantaba ós locais. Xa no tempo de desconto Saúl sentenciou o partido e calmou así os nervos de todo un campo de San Pedro conciente do importantes que eran eses 3 puntos.

Pola súa banda o Cambados comezou dominando o encontro e durante toda a primeira metade nada facía prever o resultado final. Ós de Oliveira empezaron máis metidos no partido e mesmo foron os primeiros en acadar o gol. Pase para Aarón que recortou a Deivi e a sorte fixo o resto. No disparo á porta o esférico toca no xogador do Sanxenxo, despista a Vladi e acaba na rede. Pero a alegría duroulle ben pouco. O Sanxenxo púxose as pilas axiña e Eirín fixo o empate con esta vaselina que rompeu a Gabi. O autor do segundo foi Suso Bea rematando un corner de cabeza e pouco despois chegou o terceiro que foi unha desas mostras de conexión entre Diego Blanco e Cuchi. Non contentos co resultado chegou o cuarto e foi nas botas de Fernando Aguín. Quizais demasiado castigo para un Cambados que non o fixo tan mal.

Redacción Salnés