‘Boluda Terminales Marítimas xa é cliente do Porto’

    consello_autoridade_portuaria copia.jpgVILAGARCÍA> O novo Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou a solicitude de licenza da firma para xestionar a terminal de contedores.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLO_AUTORIDADE_PORTUARIA.flv{/flowplayer}

    O proxecto de Boluda Terminales Marítimas para facerse cargo durante 35 anos do peirao do Ferrazo, xa fora anunciada a finais da semana pasada. Onte aceptouse oficialmente, ó recibir o apoio unánime novo consello administrador do porto. Para o 2011, a empresa espera acadar un negocio de 25.000 teus, que equivaldría aproximadamente ós 20 mil contedores. Ademais, a chegada de Boluda permitiría a creación dunha liña semanal de transporte coas Illas Canarias, un dos portos máis importantes no tráfico marítimo.

    A corporación tamén se comprometeu a facer unha importante inversión en maquinaria no porto, incorporando tres grúas portacontedores e outras dúas de patio. A empresa xa ten autorización provisional para operar no porto vilagarcián. A administración está a estudar a solicitude que, unha vez aprobada, será publicada no Boletín Oficial do Estado.

    Ata que non se confirme a concesión, o consello de administración poderá aceptar novas ofertas doutras empresas. Sen embargo, na Autoridade Portuaria todo apunta a que en xaneiro, Boluda Terminales Marítimas xa poderá contar cun tráfico regular dende Vilagarcía.

    Redacción Salnés