‘A desidia coa área sanitaria de O Salnés é xa esaxerada’

    sindicato_medico copia.jpgVILAGARCÍA> O Sindicato Médico de Galicia demana a ampliación urxente do hospital do Salnés e denuncia a saturación do centro.

    {flowplayer}images/salnes/SINDICATO_MEDICO_GALICIA.flv{/flowplayer}

    Desde que no 2004 se empezaron os trámites para ampliar o hospital do Salnés pasaron tres gobernos pola Xunta de Galicia, cada un redactou o seu plan director, e se se fai caso ás súas promesas, a reforma do centro xa debería ter rematado hai como mínimo un ano. É o que denuncia o Sindicato Médico de Galicia nun intento de que tódalas instancias implicadas reaccionen e as obras comecen de inmediato. Argumentan que o complexo do Salnés é o peor dotado dos Hospitais comarcais que antes foron fundacións. Ten por exemplo menos persoal co do Barbanza a pesar de contar con máis poboación de referencia. Tamén faltan camas, quirófanos, incluso o gasto social por paciente é o máis baixo dos centros galegos, 294 euros por paciente. Están saturados.

    A opinión é compartida polos usuarios do centro. Desde a formación sindical aseguran que a precariedade é tal que se ven obrigados a cancelar operacións programadas para intervir pacientes urxentes. E compáranse co complexo hospitalario de pontevedra: ten o triple de poboación asignada e polo tanto o triple de consultas en urxencias que o hospital do Salnés. Pero dez veces máis persoal. Unha situación que Jaime Grande, delegado do Sindicato Médico de Galicia no hospital do Salnés, cualifica de ‘desidia esaxerada’ coa área sanitaria arousá.

    Redacción Salnés