A Xunta apoia o novo seguro para os traballadores do mar

    SEGURO COPIA100.jpgSALNÉS> Segundo Rosa Quintana, esta medida adáptase ás necesidades do sector, que foi o que optou por promover o novo seguro.

    {flowplayer}images/salnes/SEGUROS_MARITIMOS.flv{/flowplayer}

    Un novo seguro que dignifica ós mariñeiros. Así foi como definiu Rosa Quintana a fórmula aseguraticia á que se terán que acoller os profesionais do sector do mar. O novo seguro de responsabilidade civil ven substituír ó que estaba vixente dende os anos 90, que só cubría os casos de accidente ou morte e que se contrataba a compañías estranxeiras.

    A pesares de que dende a administración autonómica deféndese a nova fórmula, a iniciativa partiu dende o propio sector. A Federación Galega de Confrarías de Pescadores, as tres federacións provinciais, a cooperativa de armadores de Vigo e de Remolcanosa, traballaron conxuntamente para crear este produto que, aseguran, é á medida das súas necesidades.

    A póliza terá que ser contratada por cada profesional do sector, que contarán cunha subvención do 25% por parte da Xunta. Pola súa banda, dende a oposición criticaron que o goberno autonómico decidise non renovar o pasado un de outubro o seguro que estaba en vigor, e aseguran que os mariñeiros están a traballar sen ningunha protección.

    Redacción Salnés