O concello ribeirés patrocinará o novo reto de Andrés Villar

    expedicionaconcagua.jpgRIBEIRA> O montañeiro partirá este domingo rumbo a Chile coa finalidade de escalar o Aconcagua, a cima máis alta do continente americano.

    {flowplayer}barbanza/expedicionaconcagua.flv{/flowplayer}

    Despois de realizar o pasado mes de xuño o camiño de Santiago dende Toulousse en patíns, o montañeiro noiés ten previsto emprender un novo reto, escalar o monte Aconcagua, que con 6.962 metros é o cumio máis alto do continente americano. Antes de realizar a viaxe, o alpinista foi recibido na casa consistorial ribeiresa polo alcalde, Xosé Luís Torres Colomer, xa que este concello colaborará no patrocinio da expedición.

    Subida á cima

    O montañeiro levará a bandeira de Ribeira ata o cumio do monte, se a meteoroloxía o permite, o 10 ou o 11 de decembro. Previamente, en torno ao 3 ou o 4, Andrés Villar chegará ao campamento base, situado a unha altitude de 4.250 metros, onde investirá un par de días na pertinente aclimatación e acto seguido iniciará o ataque á cima do cerro.

    Charlas colexios

    Unha vez remate esta expedición, e como parte do acordo de patrocinio co propio concello ribeirés, Andrés Villar visitará os distintos centros educativos da localidade onde ten previsto desenvolver varias charlas sobre as súas fazañas.

    Redacción Barbanza