O IES de Vilalonga acolle unhas charlas sobre seguridade viaria

    CHARLA_SEGURIDADE_VIARIAcopy.jpgVILALONGA> O obxectivo principal é sensibilizar e concienciar a estes estudantes dos perigos que se poden atopar na estrada.

    {flowplayer}images/salnes/SEGURIDADE_VIARIA_VILALONGA.flv{/flowplayer}

    A través de proxeccións audiovisuais, charlas informativas e vivencias persoais, dous técnicos da Policía Local de Sanxenxo tentan achegarse a estes alumnos do instituto de Vilalonga para sensibilizalos dos perigos que se poden atopar na estrada e do que significa realmente un accidente de circulación.

    Hoxe foi a quedan dos alumnos de segundo da ESO. A pesares de que as técnicas son as mesma, segundo a idade os casos son máis realistas e tratan aspectos diferentes da seguridade viaria. Esta mañá, un pai que perdeu a súa filla fai tres anos participou nesta charla para relatar a súa experiencia persoal.

    É o segundo ano que se realizan estas charlas no instituto. O técnico da policía local recoñeceu que non é suficiente cunha xornada senón que o traballo se ten que realizar día a día. O papel máis importante, sen dúbida, radica na educación que reciben nas súas casas.

    Mañá é a quenda dos alumnos de terceiro da ESO e o venres dos estudantes do ciclo medio de FP.

    Redacción Salnés