O Extrugasa viaxa a Canarias co obxectivo de seguir sumando

VILAGARCÍA> O Extrugasa partíu hoxe cara as Illas Canarias onde mañá enfróntase a partires das sete da tarde ó Gran Canaria. Tamén xoga esta fin de semana o Establecimientos Otero, que visita a pista do pechacancelas, o Beirasar Rosalía de Santiago.

{flowplayer}images/salnes/Baloncesto_261110.flv{/flowplayer} 

Coa tranquilidade que dá a actual posición na clasificación xeral, o Extrugasa viaxa ás illas afortunadas sen ningún tipo de presión. Ó lonxe vislúmbrase a posibilidade de meterse entre os catro primeiros ó final da primeira volta, algo que daría o pase para a Copa da Raíña, pero que non quita o sono ás de Tito Díaz. 

O rival de mañá, o Gran Canaria, é un equipo instalado na zona morna da táboa, con catro victorias en nove partidos e que pasa por serios problemas económicos. Pero a nivel deportivo o equipo adestrado por Domingo Díaz estase a amosar moi competitivo e como un dos máis fiables na súa cancha. O seu potente xogo interior e o ritmo lento que lle imprimen ós encontros é o que máis preocupa no seo do Extrugasa. 

Na Liga EBA o Establecimientos Otero busca regularidade de resultados. Despois de caer na casa ante o líder, Recinor Ferrol, desta volta tócalles afrontar un duelo a priori moito máis asequible. Visitan a pista do Beirasar Rosalía, un equipo que aínda non coñece a victoria no que vai de liga. Diego Doval xa avisou que o obxectivo do equipo é gañar os tres vindeiros encontros de xeito consecutivo, por iso irán a por todas a Santiago.

Redacción Salnés