A humanización das parroquias centra o POS de Ribeira

    aprobacionposribeira.jpgRIBEIRA> A corporación ribeirense aprobou por unanimidade os proxectos a executar con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación.

    {flowplayer}barbanza/aprobacionposribeira.flv{/flowplayer}

    Os 574 mil euros do Plan de Obras e Servizos, dos cales preto de 450 mil euros serán sufragados pola Deputación coruñesa, destinaranse principalmente a obras de humanización no casco histórico das parroquias.

    Entre elas, a pavimentación e renovación de servizos tanto na praza da igrexa de Aguiño e a rúa adxacente; como na rúa do Alto do Rial e do Alto da Fonte en Castiñeiras. En Corrubedo, acometerase a pavimentación, saneamento e renovación de pluviais nas rúas do Torreiro, Bandiarrego, Fonte Nova e transversal a Fonte Nova.

    Por último, o POS complementario prevé a pavimentación dao camiño de Xenxides ó hospital do Barbanza en Oleiros e a renovación de pluviais e pavimentación do camiño entre Outeiro e Carreiriña na parroquia de Carreira.

    ‘Criterios obxectivos’

    Se ben os tres grupos da corporación puxéronse de acordo na necesidade de acometer estas actuacións, o desencontro chegou á hora de apuntarse o tanto. O alcalde quixo aclara que a achega da Deputación concédese segundo criterios obxectivos de número de habitantes e non en función de cores políticas.

    No transcurso da sesión aprobouse tamén por unanimidade a actualización do rueiro da vila.

    Redacción Barbanza