Fonda consternación en Noia ante o parricidio de Menorca

parricidiomenorca.jpgNOIA> Conmoción en Noia tras coñecer a identidade da muller que presuntamente asasinou ó seu fillo en Menorca. Trátase de Mónica Juanatey, unha noiesa de trinta anos.

{flowplayer}barbanza/parricidiomenorca.flv{/flowplayer}

O dramático achado dos restos dun neno no interior dunha maleta nun monte de Menorca golpeou de cheo á vila de Noia de onde eran naturais tanto a vítima como a súa nai e presunta parricida.

Este luns, os veciños do barrio de San Lázaro, non podían crer aínda o acontecido. Alí, na avenida da República Arxentina, viviu a presunta homicida ata o seu traslado ás Baleares. Os veciños lémbrana como unha nai normal que a miúdo saía na compaña do pequeno. Por isto, non se explican agora os motivos que puideron empuxala a cometer o terrible crime.

Nula relación

A conmoción apoderouse de toda a vila posto que os avós da vítima eran moi coñecidos. Segundo explicaron algúns veciños, a relación entre os pais e a filla non era moi fluída polo que apenas mantiñan contacto.

Autora confesa

Aínda que os restos mortais do pequeno non se atoparon ata o pasado venres os feitos tiveron lugar hai preto de tres anos, cando segundo confesou, a presunta autora do crime afogou ó seu fillo na bañeira, meteu o corpo e as súas pertenzas nunha maleta e agochouna nunha zona boscosa. Ó longo deste tempo, a parricida ocultou o crime explicando ós seus coñecidos que o neno se atopaba coa familia na súa vila natal.

Redacción Barbanza