O PSOE pecha a porta á posible integración con IPdeR

    andresfarina.jpgRIBEIRA> Andrés Fariña será o candidato socialista á alcaldía de Ribeira nas vinderas municipais.

    {flowplayer}barbanza/candidatopsoeribeira.flv{/flowplayer}

    Durante o acto de presentación do novo candidato, o presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, quixo disipar rumores sobre os contactos con IPdeR. Malia que recoñeceu que mantiveron conversas, a negativa da formación independente pechou a porta a unha posible integración entre as dúas formacións.

    ‘Solucións a problemas colectivos’

    Pese a que está prevista a celebración dun acto oficial, a agrupación socialista quixo presentar ante os medios a Andrés Fariña para evitar especulacións. Este ribeirense, que actualmente exerce como edil na corporación de Santiago, asume este novo reto co obxectivo de traer solucións reais ós problemas comúns que afectan a Ribeira.

    Candidato de consenso

    Tal e como explicou o presidente da agrupación local, José Manuel Vila , Andrés Fariña é o candidato mellor posicionado que ademais presenta como aval a total unanimidade na súa designación. De aí, a ampla representación do partido da man de compañeiros de toda a comarca así como cargos da organización provincial que quixeron arroupar a Fariña na súa primeira aparición como candidato.

    Redacción Barbanza