Unha empresa e o Náutico colaborarán na xestión do porto deportivo

    concesionnautico.jpgPOBRA> O presidente de Portos reuniuse con representantes do concello e do Club Náutico para aclarar os termos da concesión do porto deportivo.

    {flowplayer}barbanza/concesionportodeportivopobra.flv{/flowplayer}

    A adxudicación provisional á firma ‘Ronáutica Marinas Internacionales’ abre un proceso de tramitación que podería alongarse preto de dous anos para facer efectiva a concesión.

    Mentres tanto, o Club Náutico do Caramiñal conta con autorización de Portos de Galicia para seguir coa xestión das instalacións náutico-recreativas do porto pobrense. Unha xestión, na que seguirá implicado malia que se formalice a concesión á empresa privada posto que a oferta presentada contempla a estreita colaboración co Náutico.

    Dúbidas

    O obxectivo é conseguir a perfecta integración entre a empresa privada e unha entidade sen ánimo de lucro como o Náutico para manter a calidade dos servizos que se prestan ós usuarios. Un fin que, dende a directiva do náutico, consideran difícil polo que esixen garantías de que a busca de resultados económicos non acabe con máis de vinte anos de traballo por parte do club.

    Nova sede

    Durante a xuntanza celebrada no concello pobrense acordouse tamén a construción da sede do club por parte de Portos de Galicia no marco dun proxecto integrador, que xunto coa posta en marcha da estación marítima, faga do porto da Pobra un modelo a seguir.

    Redacción Barbanza