Os orzamentos volven enfrontar a goberno e oposición

    pporzamentos.jpgBOIRO> O PP volveu arremeter contra a política económica do concello acusándoo de cargar ós cidadáns cunha suba esaxerada de impostos.

    {flowplayer}barbanza/ppvaloracionorzamentos.flv{/flowplayer}

    Os populares fan unha valoración moi negativa dos orzamentos aprobados durante o pleno do pasado martes. Consideran que as partidas de investimentos previstas para o 2011 son as máis baixas dos últimos 20 anos mentres que impostos como o IBI duplicáronse durante os anos de goberno encabezado por Deira.

    Dende o PP consideran que esta suba de impostos non será suficiente para facer fronte á alarmante contía das débedas polo que o concello deberá recorrer a préstamos de tesourería.

    ‘Intencións dubidosas’

    Acúsanos ademais de tentar facer caixa coa venda dos nichos do cemiterio por riba do seu prezo así como de querer malvender parcelas de patrimonio municipal con dubidosos fins.

    Con respecto á adquisición do pazo de Goiáns, consideran que esta época de crise non é a máis axeitada para un investimento tan importante posto que, din, existen outras vías de financiamento menos custosas.

    ‘Demagoxia’

    Fronte a estas acusacións dende o executivo local cualificaron de demagóxica a suba de impostos denunciada polo PP xa que non se apoia en datos reais. Pola contra, aclararon que o tipo impositivo aplicada ó valor catastral é o mínimo que permite a lei.

    Con respecto á vendas das parcelas explican que se fará con legalidade e transparencia; a este respecto consideran que ‘o PP non ten entidade moral para falar destes asuntos, dada a súa traxectoria’.

    Redacción Barbanza