‘Voltereta’ e Camila Bossa, protagonistas na Mostra de Curtas

mostracurtas.jpgNOIA> A Mostra de Curtas ‘Vila de Noia’ pechou a súa duodécima edición avalada polo respaldo do público e a gran calidade dos traballos presentados.

{flowplayer}barbanza/mostracurtas.flv{/flowplayer}

O salón de actos do Coliseo Noela, ateigado non só de público senón de cine, acolleu a gala de clausura da Mostra de Curtas Vila de Noia. Nesta duodécima edición destacou o gran nivel de tódalas producións presentadas, tal e como indicou o presidente do xurado Carlos Portela.

Premio dobre

Pero había que elixir e finalmente erixiuse como gañadora o filme ‘Voltereta’, de Alexis Morante, sobre o que tamén recaeu o premio de mellor guión.

O galardón outorgado polo público distinguiu a cinta ‘Zumo de limón’ de Jorge Muriel mentres que a mellor curta comarcal foi ‘Empatía’ de Carlos Seijo.

Homenaxe

Un dos momentos máis agardados da gala foi a entrega do premio á traxectoria da actriz Camila Bossa quen se amosou moi agradecida tanto á organización do certame como o mundo da curtametraxe no que iniciou a súa carreira.

Tralo éxito deste ano, a mostra baixou o telón coa vista posta xa na organización da vindeira edición deste certame que xa se converteu en cita obrigada para os amantes da sétima arte.

Redacción Barbanza