A forza do mar causa destrozos na rampla do porto de Castiñeiras

    desperfectoscastineiras.jpgRIBEIRA> A virulencia do temporal na mar deixou a súa pegada no porto de Castiñeiras. Fíxoo en forma dunha enorme brecha na rampla de varada.

    {flowplayer}barbanza/desperfectostemporalcastineiras.flv{/flowplayer}

    Este martes aínda eran visibles os efectos do temporal na costa. Unha enorme fenda na rampla do porto ribeirense de Castiñeiras dá idea da forza coa que bateu a auga.

    Non é a primeira vez que se rexistran desperfectos e soen ser habituais nos días de forte temporal. De feito, a rampla xa se atopaba bastante deteriorada e os propios usuarios xa advertiran de que podían ir a máis.

    Risco de accidente

    Á espera de que Portos acometa a súa reparación, as dornas que habitualmente permanecen na rampla amontoábanse á beira da vía de acceso ó porto. Agora, os usuarios só agardan que se proceda canto antes ó seu arranxo definitivo para evitar os riscos que o estado actual pode entrañar para os traballadores.

    Redacción Barbanza