‘Chai’ recadará fondos para ampliar unha escola na India

MUSICA_SOLIDARIA copia.jpgVILAGARCÍA> A ONG organiza xunto ós mestres do Conservatorio ‘Música Solidaria’, un concerto que terá lugar o 15 de decembro no Auditorio Municipal.

{flowplayer}images/salnes/MUSICA_SOLIDARIA.flv{/flowplayer}

Vilagarcía súmase ó tren da solidariedade o mércores da semana que vén cun recital de música clásica. Leva por nome “Música Solidaria”, e no cartel combínanse pezas de compositores sobranceiros coma Haydn, Dvorak ou Telemann cunha obra de ton máis contemporáneo asinada por Matos Rodríguez. Os intérpretes do concerto serán os mestres do conservatorio de música, encargados do deseño do programa.

Os fondos recadados irán para a ONG ‘Chai’. O certame comezará ás nove da noite no auditorio municipal. Pouco antes, sobre as catro da tarde, poranse á venda as entradas, cun prezo de cinco euros a de carácter xeral e tres para os estudantes. Toda a recadación destinarase á ampliación dunha escola no nordeste da India.

Ademais do recadado coas entradas, a entidade Novacaixagalicia ten habilitado o número de conta que figura en pantalla para todos aqueles que queiran realizar algunha doazón para o proxecto desta ONG.

Redacción Salnés