AGADER inviste máis de 1.5 millóns na promoción das Rutas do Viño

    ruta_vino_100.jpgO SALNÉS> A Consellería do Medio Rural aposta polo enoturismo como motor para dinamizar as zonas do rural galego. Esto será posible grazas á…

    {flowplayer}images/salnes/rutas_vino.flv{/flowplayer}

    … creación, promoción e consolidación de seis rutas do viño: cadansúa polas cinco denominación de orixes galegas xunta ca portuguesa dos Vinhos Verdes. Esta actuación consiste en promocionar de xeito conxunto en forma de distintos paquetes turísticos as visitas a estas zonas turísticas aproveitando o interese que pode suscitar o prestixio en auxe destes viños. Así, beneficiarase directamente a unhas 650 adegas galegas que producen ó ano máis de 35 millóns de litros de viño; o que supón o 4 por cento do total da industria agroalimentaria rexional.

    Este proxecto de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal conta con financiamento da Comunidade Europea por medio dos fondos Feder e está liderada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER.

    Arestora participan neste iniciativa algo máis de 330 entidades e pemes de diversos sectores, entre eles adegas, concellos, establecementos de restauración, hostalería e aloxamento, ademais doutras como poden ser entidades turísticas ou tendas gastronómicas.

    Redacción Salnés