O BNG advirte do risco de invertir nun inmoble con licencia dubidosa

bngnoialicenciailegal.jpgNOIA> O BNG presentou un recurso contra a concesión da licencia urbanísitca para un edificio de catro andares nun solar da Avendida República Arxentina.

{flowplayer}barbanza/bngnoialicenciailegal.flv{/flowplayer}

Son dous os motivos que alegan os nacionalistas no recurso de reposición contra o acordo adoptado pola xunta de goberno local en setembro para conceder a licencia urbanísitca neste solar, ubicado na esquina entre a avenida da República Arxentina e a rúa Cuba.

O que fora edil de urbanismo, Xosé Bernaldo Castro, lembra que a licencia xa se tentou tramitar cando el dirixía o departamento. Daquela foi rexeitada posto que os informes técnicos establecían que máis do setenta por cento da mazá ten menos altura, establecento a normativa edificacións con baixo, tres andares e baixo cuberta.

Aviso ós cidadáns

Unha vez que os nacionalistas saíron do goberno, denuncian a rapidez coa que se tramitou o permiso polo que pretenden advertir ós cidadáns das posibles consecuencias de invertir en pisos que non se axustan á legalidade, tal e como está a acontecer co edificio Fin de Siglo, na Avenida da Coruña.

Os edís do BNG agardan que o recurso prospere para evitar que o proceso se prolongue tendo que recorrer ó contencioso administrativo.

Redacción Barbanza