YaTeComeré prepara un chef persoal para este Nadal

    yatecomere copia100.jpgRIBADUMIA> Este servizo permitirá ós seus clientes desfrutar de pratos caseiros sen ter que traballar na cociña.

    {flowplayer}images/salnes/REPOR_YATECOMERE.flv{/flowplayer}

    Unha chamada ou un email son suficientes este Nadal para ter na casa un tradicional menú para estas datas. Vieira á galega, cochinillo, cordeiro ou capón de Vilalba son algúns dos pratos que a empresa Yatecomeré pon nas nosas mesas coa súa campaña Estas Navidades cocinamos para ti.

    O servizo é moi sinxelo. O cliente selecciona da carta os pratos que quere que formen o seu menú e os encarga. A partires de aí, Yatecomeré preparará a comida de xeito caseiro, perfectamente embalada e sen conservantes.

    Este é o primeiro ano que Yatecomeré pon en marcha a súa campaña de Nadal. Un servizo que supón unha continuación dó que a empresa realiza durante todo o ano, cociñando para o público xeral e para hostalería.

    A pesares da crise, Yatecomeré comezou a rexistrar os primeiros encargos para a súa campaña de Nadal, unha iniciativa que agardan sexa un éxito e os dea a coñecer entre o público para o resto do ano.

    Redacción Salnés