O PP critica a deficiente xestión do goberno de García Guerrero

balance.jpgNOIA> A piques de rematar o ano, o PP de Noia realizou un balance moi negativo, non só do último exercicio, senón de todo o mandato do PSOE.

{flowplayer}barbanza/balanceppnoia.flv{/flowplayer}

O voceiro dos populares noieses arremeteu contra o alcalde, Rafael García Guerrero, a quen acusou de repetir os mesmos erros que no seu anterior mandato, entre o 99 e o 2003. Segundo Antonio Pérez Insua, a falta de interese do rexedor local queda de manifesto coas súas constantes ausencias ós plenos.

Na área económica critican a ausencia total de orzamentos, posto que non foi aprobado ningún exercicio da lexislatura así como a demora e o cambio de criteiro en obras tan importantes como a variante, o aparcadoiro soterrado, o saneamento ou a rexeneración da ría.

Todo isto unido á deficiente xestión dos servizos públicos, ó retraso nas tramitación administrativa e os conflitos coa policía local que derivan nunha situación de inseguridade.

‘Oposición responsable’

Pola contra, destacan a boa labor realizada polo PP dende a oposición que coas súas xestións conseguiu obras tan demandadas como o desdobramento do corredor Brión Noia. Pérez Insua enumerou tamén outras moitas actuacións acometidas a petición dos populares que evidencian a resposabilidade con que actua o grupo maioritario da oposición.

Redacción Barbanza