Tomás Fole será o candidato do PP á alcaldía en maio de 2011

    tomas_fole copia100.jpgVILAGARCÍA> A presentación oficial celebrarase o sábado 18, cun acto que reunirá a importantes persoeiros da cúpula do partido.

    {flowplayer}images/salnes/FOLE_PRESENTA_CANDIDATURA_OFICIAL.flv{/flowplayer}

    Un equipo con experiencia, cun proxecto e consciente das necesidades dos vilagarciás. Así foi como definiu Tomás Fole a lista que representará ó Partido Popular nas eleccións municipais de maio de 2011 en Vilagarcía. O actual candidato á alcaldía amosouse seguro das posibilidades do seu partido nos vindeiros comicios.

    O candidato popular defendeu a necesidade dun cambio na casa consistorial, e aproveitou a ocasión para cargar contra o actual goberno bipartito de Vilagarcía.

    Tomás Fole realizou estas declaracións durante a presentación da súa candidatura esta fin de semana. Un anuncio que de xeito oficial volverá realizar o vindeiro sábado 18. Desta volta, o escenario será o auditorio municipal, e Fole contará co apoio de gran parte da cúpula do PP e do goberno da Xunta, entre eles o actual presidente, Alberto Núñez Feijóo.

    O Partido Popular tamén porá en marcha unha nova campaña de afiliación, na que animaron a participar a todos os veciños. A iniciativa non terá unha duración preestablecida, pero si un obxectivo: pasar dos 1300 afiliados actuais ó partido ós 1500.

    Redacción Salnés