Multitudinario adeus ó neno asasinado en Menorca

funeralcesar.jpgNOIA> Centos de persoas quixeron dar o seu último adeus a César Juanatey, o neno noiés que presuntamente foi asasinado pola súa nai en Menorca.

{flowplayer}barbanza/funeralcesar.flv{/flowplayer}

A igrexa de San Martiño quedouse pequena para acoller ós numerosos veciños que quixeron acompañar ós avós e demais familia nestes duros momentos. Tralo funeral, a comitiva desprazouse ata o cemiterio de Santa Cristina, en Barro, onde xa descansa César.

Os restos mortais chegaron a Galicia o martes pola mañá despois de que o xulgado de Mahón autorizara o seu traslado. Dende entón permanceu no tanatorio de Noia aínda que a familia optou por non facer velatorio dadas as circunstancias da morte do pequeno.

Cronoloxía

A súa nai, que permanece en prisión preventiva, recoñeceu se-la autora da morte do seu fillo. Malia que, segundo o seu testemuño, os feitos aconteceron no verán de 2008, cando o neno tiña tan só nove anos, o suceso non saíu á luz pública ata o pasado 23 de novembro cando foron atopados os restos do neno, no interior dunha maleta, nunha zona boscosa de difícil acceso en Mahón.

A nova causou unha fonda conmoción en Noia, onde residen os avós do falecido, que ó longo deste dous nos e medio creron que o seu neto seguía vivo. Nada máis ter coñecemento dos feitos, viaxaron ata Menorca para traer de volta os restos do pequeno á vila que o veu nacer e onde descansará para sempre.

Redacción Barbanza