O Extrugasa xoga o encontro máis accidentado da tempada

fotoextrugasacopia.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa tratará de acadar o seu sétimo triunfo da temporada e dar un paso máis cara a permanencia.

{flowplayer}images/salnes/PreviaExtrugasa.flv{/flowplayer}

 Accidentado partido o Extrugasa – Ibiza. Tiña que terse disputado o sábado día 4 pero a folga de controladores aéreos impediulle ás ibicencas chegar a tempo para xogar. O Extrugasa non puxo ningún problema e o partido trasladouse o día seguinte, o domingo ás 12 e media. As visitantes trasladáronse a Vilagarcía en autobús pero resultou que tampouco ese ía selo día . A condensación do pavillón de Fontecarmoa volveu facer das dúas, e cumpriuse o que Tito Díaz xa viñera avisando, sen arranxar os problemas coa calefacción os incidentes podían xurdir en calqueira momento.

O encontro chegou a iniciarse, xogáronse 45 segundos pero as constantes caídas demostraron que así non se podía seguir. Hoxe o encontro reanúdase con 2 puntos no marcador a favor das vixitantes e dous tiros libres para Mandisa Stevenson.

A pesares de todo o lío na fin de semana os dous equipos acadaron a vitoria nos seus respectivos encontros, as vilagacianas gañáronlle ó Olesa 67 a 70 e as ibicencas recibiron ó Celta na casa ó que tamén lle venceron por 87 a 78. O

 Extrugasa esforzarase o máximo sobre todo na defensa para tratar de frear o perigo que representa Silvia Morales e Shona Thorburn todo o resto do equipo, pois aínda que coas rotacións perden certo nivel tampouco hai que esquecer a xogadoras da talla da ex internacional Paula Seguí. A intensidade do xogo das de Tito Díaz será decisiva no resultado final.

Redacción Salnés