Análise da aplicación do carné por puntos en Pontevedra

    fotosubdelegacioncopia.jpgPONTEVEDRA> Esta mañá o subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández reuniuse co subdirector xeral de normativa da DXT, Ramón Ledesma

    {flowplayer}images/salnes/Subdelegacion.flv{/flowplayer}

    A reunión tiña como obxectivo fundamental facer unha análise sobre a aplicación do carné por puntos na provincia de Pontevedra dende que entrara en vigor fai casi 5 anos. A valoración do 2010 é, polo de agora positiva. Delfín Fernández aproveitou tamén para facer referencia á tramitación das sancións no carné por puntos dende os concellos, fundamental para a aplicación deste sistema no ámbito urbano. 23 concellos da provincia que respresentan o 73% da poboación, teñen xa asinado un convenio coa DXT para levalo a cabo pero aínda hai algúns importantes nos que non se aplica, como por exemplo o concello de Poio.

    Ademais o subdirector xeral da DXT aproveitou para informar sobre a campaña que está a poñer en marcha coa que se pretende informar a 4.002 condutores pontevedreses de que lles quedan só 1 2 ou 3 puntos para tratar de reducir o número de conductores que circulan sen carné.

    Para rematar recordou a importancia da dirección electrónica para realizar tódalas xestións de tráfico a través de internet e recibir por mail a información que teña que ver coa DXT, facilitando así as cousas ós usuarios.

    Redacción Salnés