Begoña García dálle o triunfo ó Extrugasa sobre a bociña

VILAGARCÍA> Final agónico o que se vivíu en Fontecarmoa. Era o derradeiro encontro do ano para o Extrugasa e ata o derradeiro segundo non se decidíu o partido. Finalmente caeu do lado das vilagarciáns que se impuxeron ó Obenasa Navarra cunha canastra de Begoña García sobre a bociña.

{flowplayer}images/salnes/Extrugasa_201210.flv{/flowplayer} 

O Extrugasa repetíu o mesmo guión que nos últimos dous partidos ante Olesa e Ibiza. Un mal inicio, desta volta un parcial de 1-11, fíxolles remar contra corrente durante a primeira metade. O cansancio semella que lles pasou factura. Iso máis ter enfronte ó último na xeral, que o sábado veu a Vilagarcía a pola victoria.

Pero como xa é costume a reacción das locais non tardou en chegar e grazas a un bo segundo cuarto conseguiron igualar o marcador antes do descanso, lideradas por Cristina Souza, que con 5/6 en triples foise ata os 18 puntos.

No terceiro cuarto seguíu a mesma tónica. Un bo Extrugasa chegou a mandar por dez, pero nos derradeiros minutos chegou a relaxación e deixaron que o Navarra se metera no encontro, polo que houbo final de infarto.

Con 59-55 Begoña García errou un tiro libre e no ataque seguinte as visitantes colocábanse a un grazas a un triple. Despois, de novo Begoña García anotaba so un tiro libre e a ex do Extrugasa María Asurmendia facíase un costa a costa que colocaba o empate no marcador a falta de 5 segundos (60-60).

Foi entón cando sucedeu isto. A propia Begoña García, que antes perdoara dende a liña de persoal, mataba o encontro sobre a bociña para dárllela séptima victoria ó Extrugasa que remata a primeira volta como quinto clasificado, en postos europeos.

O Extrugasa descansará ata o 3 de xaneiro. Logo unha semana para recuperar o ritmo e a seguinte para preparar o encontro de liga ante o Girona, pero iso será o día 15.

Redacción Salnés