Os vilagarciáns mercan os últimos décimos antes do sorteo de Nadal

    ADMINISTRACION_LOTERIAcopy.jpgVILAGARCÍA> As terminacións en sete ou cinco, a data de nacemento ou do aniversario seguen a ser os máis vendidos na localidade.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_SORTEO_NADAL.flv{/flowplayer}

    Estes días, decenas de vilagarciáns desprázanse ata esta administración número un de Vilagarcía para comprar os últimos décimos nos que un ano máis depositan as súas esperanzas. E é que a pesares de que a situación económica provocou que diminuísen as ventas, segundo a responsable do establecemento, para o sorteo de Nadal a xente sempre se anima.

    Ademais, este ano as supersticións cobraron máis forza ca nunca. As terminacións en cinco e sete, a data de nacemento e a do aniversario seguen a ser los clásicos.

    Os veciños seguen mantendo a ilusión en que lles pode tocar o décimo que levan gardando desde fai semanas ou aquel que compraron a última hora.

    Sexa cal sexa o número que teña nas súas mans para o sorteo de Nadal de mañá agardamos teñan moita sorte.

    Redacción Salnés