BNG e PSOE reprochan ó goberno o incremento do déficit municipal

    plenocontaxeral.jpgPOBRA> O executivo da Pobra aprobou en solitario a conta xeral correspondente ó exercicio de 2009.

    {flowplayer}barbanza/plenocontaxeral.flv{/flowplayer}

    O último pleno do ano, convocado con carácter extraordinario para darlle o visto bo á conta xeral de 2009, volveu estar caracterizado polo desacordo. A oposición rexeitou unhas contas que consideran froito da mala xestión económica do goberno que gasta sistematicamente por riba do que ingresa incrementando o déficit das arcas municipais.

    Débeda

    Ademais do signo negativo do remanente, dende a oposición destacan a débeda acumulada tanto a acreedores como a entidades bancarias, cuxa suma superaría con creces os cinco millóns de euros, a falta de computar outra partida de facturas pendentes de aprobación.

    Pola contra, o grupo de goberno defendeu as contas alegando que a contía do remanente en negativo incrementouse pola demora no cobro do trinta por cento restantes dos fondos FEIL que non ingresaron ata primeiros de 20101.

    Datos positivos

    Insistiron ademais nos datos positivos como o aforro neto ou o índice de endebedamento nun 58 por cento moi por debaixo do límite legal.

    Durante o pleno aprobáronse tamén, esta vez por unanimidade, os proxectos a incluír no plan de dinamización de mercados locais da Deputación da Coruña.

    Redacción Barbanza