O 5º premio 75.869 cae en Ribadumia

    sorteo_nadalcopy.jpgSALNÉS> Este premio que se repartiu por toda a comarca deixou no Salnés un total de dous millóns e medio de euros.

    {flowplayer}images/salnes/LOTERIA_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    Un premio moi madrugador xa que había escasos quince minutos que comezaran a xiralos bombos onde miles e miles de persoas depositaron os seus mellores desexos para que os nenos de San Ildefonso cantaran os seus números. E foi en Ribadumia, onde tal e como nolo contaba o responsable da administración agraciada é a primeira vez que reparten un premio neste sorteo. En total foron cincuenta series que supoñen un total de dous millóns e medio de euros.

    Vilanova

    A medida que avanzaba a mañá os premiados achegábanse ata o lugar onde mercaron o seu décimo coma neste bar de Vilanova, A Charanga, onde se venderon douscentos cincuenta décimos. Unha mestura de nervios e alegría que foron acompañados por brindis co mellor champaña.

    Vilagarcía

    Ademais, este ano foi o ano dos supersticiosos ós que lles gustan os número feos, os rematados en cinco, sete ou coa terminación en 69. Pero o responsable desta administración mesmo tivo que devolver algún dos décimos. Neste bar de Vilagarcía, o Gachipe, levan anos vendendo o mesmo número e hoxe tocoulles. Aínda que por décimo son cinco mil euros, algúns xa pensaron en que o ían inverter.

    A Illa

    Cincuenta e catro décimos deste quinto premia vendido en Ribadumia marcharon para A Illa. Concretamente para o colexio Torre- Illa, no que case tódolos mestres, conserxes, limpiadoras e mesmo persoal que xa non estaba traballando no centro ou que está xa xubilado resultaron agraciados.

    O gordo, o 79.250, aínda que estivo moi repartido por toda España non se deixou ver polo Salnés. En Galicia a sorte deixou un millón de euros en Santiago cunha serie do segundo premio e en Arzúa cincuenta mil euros dunha serie doutro quinto premio. Tamén se venderon tres series doutro quinto premio en Cambre, A Coruña, Vigo e Lugo.

    Redacción Salnés