O derribo dos bancos de Ravella xera gran malestar entre os veciños

    BANCOS_RAVELLAcopy.jpgVILAGARCÍA> O que máis destacaron os veciños foi o valor patrimonial que tiñan os bancos con máis de 90 anos de historia.

    {flowplayer}images/salnes/OBRAS_XARDINS_RAVELLA.flv{/flowplayer}

    Tralo derribo dos bancos de azulexos do parque de Ravella, en Vilagarcía, que se fixo efectivo onte, as manifestacións de protesta e desacordo coa medida non se fixeron agardar. O malestar é unánime entre veciños e comerciantes que non lle atopan explicación á medida tomada polo edil de xestión do territorio. Lembran que os bancos, con máis de noventa anos, xa eran parte do patrimonio da vila.

    E é o planeamento inicial das obras só prevía intervir sobre a vexetación, como moito retirar algunha peza do mobiliario, antes das festas do nadal. Mesmo, a pesares do desacordo de veciños e comerciantes, desde a concellería de xestión do territorio de Vilagarcía decidiron seguir adiante coa medida.

    Este proxecto de recuperación e integración urbana do xardín histórico de Ravella estÁ financiado con cargo ó Plan E. Un actuación que tamén xerou unha ruptura dentro do goberno local. A presidenta de Zona Aberta asegurou que foi ela a que lle deu a noticia á edil de comercio, Rosa Abuín.

    Ademais, os veciños non só se destacaron o valor histórico senón tamén que non ven necesario gastalos cartos en actuacións coma esta.

    IVIL, o partido popular e asociacións vilagarciás xa fixeron públicos tamén o seu desacordo co derribo do mobiliario.

    Redacción Salnés