O PP alega contra uns presupostos ‘irreais e sen apenas inversións’

    alegacionspresupostosppboiro.jpgBOIRO> O Partido Popular presentou unha serie de alegacións á aprobación inicial dos orzamentos municipais para 2010 e 2011.

    {flowplayer}barbanza/alegacionspresupostosppboiro.flv{/flowplayer}

    En canto ó exercicio orzamentario de 2010, os populares alegan o incumprimento dos prazos na súa presentación e aprobación así como a redución nos investimentos reais para obras e servizos.

    A acumulación da débeda a proveedores, en máis de setecentos mil euros, e a suba de impostos son tamén motivo de críticas.

    Drástica redución

    Polo que respecta á previsión orzamentaria para o exercicio de 2011 os populares cualifícana de irreal xa que, din, non responde ás necesidades reais do concello. Consideran ademais que baixada do presuposto en case cinco millóns de euros traerá consecuencias moi negativas e será preciso concertar operacións de crédito a curto prazo.

    Acusan tamén ó executivo de malvender patrimonio municipal referíndose a unha parcela do polígono de Espiñeira e outra no plan parcial de Barraña.

    Mantemento servizos

    Botan de menos tamén consignacións para o mantemento da escola infantil e o centro de día, os novos centros sociais de Cabo de Cruz e Abanqueiro ou o viveiro de empresas.

    Solicitan ademais a eliminación da Comisión de Coordinación e Xestión Municipal, que segundo o voceiro popular, naceu co único fin de satisfacer economicamente ós membros do goberno. Coa súa supresión, din, aforraríanse ó longo dunha lexislatura máis de douscentos mil euros.

    Redacción Barbanza